
Na xuntanza falamos sobre o autor do libro, Jordi Sierra i Fabra, actualmente o escritor español con maior produción, e que escribe fundamentalmente para a mocidade; pero tamén sobre Franz Kafka e a súa obra literaria, en especial a famosa: A metamorfose, da cal recomendamos vivamente a adaptación á banda deseñada do debuxante Peter Kuper, publicada en español pola editorial Astiberri.

Aproveitamos tamén para sinalar a novela de Paul Auster: Brooklyn Follies, na que adica unhas páxinas a falar do feito que protagoniza a novela desta sesión.
No apartado de álbumes infantiles, lemos o conto Frederick, de Leo Lionni. Onde o escritor, un poeta neste caso, e o seu devezo por escribir centran o tema da narración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario