domingo, 7 de febrero de 2010

Libros para móbiles


A
editorial Maeva permitirá, até o día 1 de marzo, enviar de forma gratuíta ao noso móbil o primeiro capítulo de seis dos éxitos da súa colección Embolsillo.
Para realizar a descarga hai que dar tres pasos:
1. Seleccionar o libro
2. Introducir o noso número de teléfono móbil

3. Pulsar "Aceptar"
Recibiremos entón un sms cunha dirección WAP para descargar o contido seleccionado.
Na ficha de cada libro desta campaña atoparemos unha listaxe cos modelos de dispositivos móbiles que admiten a descarga dos libros
Para maior información: http://www.librosparamoviles.com

No hay comentarios: