viernes, 19 de febrero de 2010

Obradoiro de comics na Biblioteca de Chapela

Este Xoves disfrutamos dun obradoiro de banda deseñada na biblioteca coa ilustradora María Vilar.

A debuxante amosoulles aos rapaces o material que emprega para os seus traballos e como é a técnica que segue. Trouxo, para que os puidéramos ver, unha chea de exemplos dos seus traballos nas diferentes fases do proceso de elaboración, dende que fai os primeiros bosquexos ata o resultado final do material publicado.

A continuación os rapaces debuxaron a súa propia tira cómica seguindo un guión inventado por todos e seguindo en todo momento as directrices de María.


Rematamos cunha demostración da artista de como emprega a tecnoloxía dixital para o entintado dos seus debuxos.


Para a realización desta actividade contamos coa inestimable colaboración da Galería de arte Campo das Redes. ¡Moitas grazas pola vosa axuda!

Aquí podedes ver como o diario Faro de Vigo recolle a actividade na súa edición dixital.

No hay comentarios: