viernes, 19 de febrero de 2010

Contacontos nas bibliotecas de Redondela


O vindeiro Venres 26 de Febreiro, ás 19:00 h., teremos un contacontos para cativos e cativas nas bibliotecas de Redondela e de Chapela.

O contador Andreu Chapeu fará unha doble sesión en ambas bibliotecas:

- Pola mañá, ás 11:30 h., na Biblioteca de Redondela, cos cativos e cativas do CEIP Porto Cabeiro, xunto cos seus mestres e mestras.

- Polo serán, ás 19:00 h., na Axencia de Lectura de Chapela, nunha actividade libre e gratuita, dirixida aos máis pequenos xunto cos seus pais e nais, como xeito de aprenderen a disfrutar xuntos da lectura dos contos e, tamén, a sacarlle partido ás visitas á biblioteca.

A actividade realízase grazas á colaboración da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.

No hay comentarios: