sábado, 13 de febrero de 2010

V Premio Jordi Sierra i Fabra para mozos


Lorena Moreno (Murcia, 1992) foi galardoada co V Premio de Literatura Jordi Sierra i Fabra para Mozos pola súa novela Las redes del infierno.
A gañadora comezou a escribir esta obra no verán de 2009, con 16 anos, tras ler unha noticia xornalística sobre a escravitude nun pobo de pescadores de Ghana que a impresionou vivamente.
A novela mostra as condicións de vida dos nenos obrigados a traballar na pesca, case todos vendidos como escravos polos seus pais ao non poder facer fronte ás débedas, a través da relación entre unha nova e unha nena.
O premio ten unha dotación de 3.000 euros e leva a publicación da obra premiada por parte de Edicións SM na colección Punto y seguido.
A esta V edición do Premio Jordi Sierra i Fabra para mozos a presentáronse 80 obras procedentes de Arxentina, Chile, España e Guatemala.
Delas o xurado tamén quixo destacar o extraordinario nivel da novela finalista, El selector humano, escrita por Raquel Moraleja San José, de Madrid e que fala da violencia no mundo xuvenil.
O premio, convocado pola Fundación Jordi Sierra i Fabra , coa colaboración da editorial SM, busca estimular nos estudantes españois e latinoamericanos o pracer pola creación literaria e o amor pola palabra escrita.
Aquí deixámosvos a ligazón do blog do seu colexio no que se fala dela e do club de lectura do que era membro

No hay comentarios: