domingo, 7 de marzo de 2010

Os libros que len en Perdidos

Os personaxes de Lost, a diferenza dos personaxes doutras series de televisión, aparecen lendo libros interesantes moi a miúdo. Un detalle que ten enganchado a máis dun. Desmond levou á illa «Our mutual friend», a última novela completa de Charles Dickens. Pensaba abrilo e lelo antes de morrer. Sawyer le unha novela de Agatha Christie, «Maldade baixo o sol»; «O outeiro de Watership», de Richard Adams, ou «A invención de Morel», de Bioy Casares. Un capítulo da terceira tempada leva por nome «Stranger in a Strange Land», o título do libro de Robert A. Heinlein. No último capítulo da quinta tempada, Jacob le un libro de Flannery O'Connor. O recordo de Pa, a illa da ficción da novela de Aldous Huxley, está no cartel «Pa Ferry». E o alias que usa Ben nun dos episodios, Dean Moriarty, é o nome do protagonista de «On the road», de Kerouac. «Rebelión na granxa», as «Crónicas de Narnia», «O corazón das tebras», «Carrie», «De ratos e homes»... O xogo de referencias literarias é continuo en «Perdidos», unha serie para ver, para construír unha urbanización de teorías e para ler e imaxinar relacións e sospeitas.
Nestes links atoparedes a listaxe de libros que aparecen nos capítulos da serie:
http://aparejodefortuna.wordpress.com/2009/04/08/libros-en-perdidos/
http://librosperdidos.blogspot.com/

No hay comentarios: