viernes, 5 de marzo de 2010

Títeres Cachirulo e o rato Darío Abecé estrean espectáculo na Biblioteca de Chapela




O rato Darío Abecé visitou en primicia esta tarde aos rapaces e rapazas da Biblioteca de Chapela.

Darío Abecé é un rato de biblioteca, un pouco medoñento porque lle teme ás tormentas. E dado que na biblioteca empezaban a escoitarse uns terribles tronos, pensou que non habería mellor xeito de escorregar o medo que contarnos varios contos.
Frederick, Sete ratos cegos..., e moitos outros contos sobre ratos, foron as historias que Carme Domech e o rato Darío relataron esta tarde para amenizarlle a tarde aos cativos e adultos que se achegaron á biblioteca para desfrutar do espectáculo.



Bo rato cos ratos é un contacontos acompañado de títeres e efectos de luz e son. Hoxe presesentábase por vez primeira ao público, e podemos dicir que foi un grande éxito, que deixou aos nosos pequenos, e tamén aos adultos, moi contentos.

A actividade forma parte do programa Letras Vivas da Xunta de Galicia e realizouse grazas á participación conxunta do Concello de Redondela e a Consellería de Cultura.
Publicar un comentario