miércoles, 24 de marzo de 2010

Os Nobel da Literatura Infantil

O escritor inglés David Almond e a ilustradora alemá Jutta Bauer foron os gañadores do Premio Hans Christian Andersen 2010, nas categorías de autor e ilustrador, respectivamente.
Este premio, outorgado cada dous anos polo IBBY (International Board on Books for Young People), é o máis alto recoñecemento internacional outorgado a un autor e a un ilustrador de libros para nenos e novos. A cerimonia de entrega terá lugar o próximo 11 de setembro, durante o Congreso Internacional de IBBY, que este ano se celebrará en Santiago de Compostela entre os días 8 e 12 de setembro de 2010.


Máis información aquí
Publicar un comentario