
ste martes tivemos un contacontos moi riseiro en verso: A poesía é divertida. Marisa Irimia, xunto cos rapaces que se achegaron á Biblioteca de Chapela, indagaron nos orixes da poesía. Xuntos descubriron a personaxes ben curiosos coma Eloísa -interpretada por Miguel, un actor espontáneo saído do público-, que non é quen de falar sen facer poesía. ¿Pode ser ésta unha enfermidade?
As rapazas e rapaces do club de lectura, e asemade outros asistentes, pasárono moi ben coas historias que lles narrou esta peculiar contadora.
Marisa Irimia, ademáis de contacontos e animadora infantil, ten unha ampla traxectoria como ilustradora na literatura infantil.
A actividade realizouse con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía, e está cofinanciada pola Consellería de Cultura, a través do programa Letras Vivas.
A actividade realizouse con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía, e está cofinanciada pola Consellería de Cultura, a través do programa Letras Vivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario