O vindeiro Martes 23 de Marzo, ás 18:30 h., teremos unha actividade moi animada na Biblioteca de Chapela:
"A poesía é divertida", con Marisa Irimia.
Un contacontos trouleiro co que as rapazas e rapaces de idades aproximadas entre os 8 e 12 anos poden pasalo moi moi ben esa tarde, á vez que descobrirán que a poesía non é nada, pero que nada aburrida.
O 21 de Marzo é o Día Internacional da Poesía, recoñecido así pola UNESCO dende o ano 2000. Este organismo defende que a poesía ten un papel moi importante na sociedade, tanto polo seu papel estético como pola súa responsabilidade no espertar das conciencias.
Preme aquí para ver a mensaxe que publicou este ano a Directora Xeral da UNESCO con motivo desta celebración.
A actividade realízase grazas á colaboración entre o Concello de Redondela e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, dentro do programa "Letras Vivas" que ofrece esta última.

No hay comentarios:
Publicar un comentario