lunes, 22 de marzo de 2010

Visita dos alumnos e alumnas de Educación Sociosanitaria do I.E.S. Chapela


Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio de Educación Sociosanitaria do I.E.S. Chapela visitáronnos hoxe dentro das prácticas da súa asignatura: "Lecer e tempo libre de colectivos específicos".

A actividade centrábase, máis aló de que coñeceran a nosa biblioteca, de que tiveran información de primeira man das actividades de animación lectora que facemos dende as bibliotecas de Redondela.

Na visita:

- Falámoslles da función da biblioteca pública e dos servizos das Bibliotecas municipais de Redondela.

- Explicámoslles as principais actividades de animación cultural que levamos a cabo nos nosos centros.

- Por último, fixémoslles propostas de lectura que se puidesen adaptar aos colectivos específicos dende os que eles poden orientar o seu traballo. Tamén outras propostas nas que a dependencia ou a discapacidade figuran como temas trasversais.

Podedes atopar estes libros buscando no noso catálogo, e indicando no casilleiro MATERIAS, palabras clave como: Discapacidad, Alzheimer, Enfermedades, Ancianos... e moitas máis.

¡Moitas grazas pola visita!

No hay comentarios: