jueves, 15 de abril de 2010

Recital de Yolanda Castaño na Biblioteca de Chapela

E
ste mércores, como celebración do noso V aniversario, tivemos un acto moi especial na biblioteca. Como estaba previsto, a poeta Yolanda Castaño veu á biblioteca para falar sobre poesía e recitar algúns dos seus poemas preferidos.


O acto se celebrou no auditorio do Edificio Multiusos, onde poderíamos contar con mellores medios para proxectar audio e sonido. Eduardo Reguera, concelleiro de cultura, inaugurou a actividade falando sobre a biblioteca e lendo un poema da nosa convidada.



A nosa poeta comezou lendo o conto-poema Cando eu saiba ler adicado aos rapaces máis pequenos, e continuou con outros poemas para os adultos presentes, sacados de libros como Erofanía, O libro da Egoísta ou Profundidade de campo.



Finalizado o seu recital, pasamos a proxectar un videopoema dirixido por ela mesma, onde fusiona unha das súas poesías con inquedantes imaxes, sons e música. Este último gustou moito aos asistentes ao evento.

Yolanda accedeu con moito agrado a asinarlles autógrafos a algúns dos cativos que llo pediron, así como a facerse fotos con eles. E xa que estaba a facer adicatorias... pedímoslle que nos asinase algún dos exemplares seus que temos na biblioteca.


Agradecemos a Elena Becerra e a Miguel Martínez a súa axuda no desenvolvemento desta actividade.

No hay comentarios: