miércoles, 14 de abril de 2010

V Aniversario da Biblioteca de Chapela




O vindeiro Mércores, día 14 de Abril festexamos o V Aniversario da Biblioteca de Chapela.
Para tan fermosa cerimonia, contaremos coa poeta Yolanda Castaño, unha das escritoras máis recoñecidas do panorama galego actual.

A actividade está dirixida a público de tódalas idades, escomezando con poemas infantís e avanzando hacia outros enfoques poéticos máis xuvenís e adultos.
Poderemos ver tamén algún dos seus videopoemas.

A cita será o Mércores 14, ás 20:00 h. é gratuita e con aforamento limitado.



Yolanda Castaño, recoñecida escritora, guionista, e presentadora televisiva (actualmente podémola ver no programa Cifras e Letras, no serán da TVG), é tamén unha moi activa dinamizadora cultural, que colabora en medios de comunicación escrita e organiza recitais poéticos. Os seus libros de poemas supuxeron un revulsivo no panorama galego de hai máis dunha década, e seguen recibindo os parabéns da crítica, como o último poemario "Profundidad de Campo", tradución ao castelán do homónimo en galego, que recibiu o prezado premio Ojo Crítico de Radio Nacional.

Ten impartido obradoiros de poesía e clubs de lectura, coordinado volumes colectivos, comisariado mostras de arte e de poesía, ten redactado prólogos, textos para espectáculos de danza, colaboracións escritas de todo tipo e tres poemarios infantís (“Punver”, “Punver de volta” e “Cando eu saiba ler”). Fortemente interesada na fusión entre a poesía e outras linguaxes creativas, ten desenvolvido moi diversas experiencias misturándoa coa música, a plástica e o audiovisual, actividade pola que tamén foi premiada. Poemas seus foron traducidos ao castelán, catalán, francés, italiano, alemán, ruso, inglés, polaco, árabe e lituano.

No hay comentarios: