pasado venres fixemos o último contacontos deste curso. Nenos e nenas, así como adultos, desfrutaron dos contos que nos trouxo Leo:
- O parrulo que non tiña zapatos
- O tambor máxico
- O espantallo ledo
Ademáis, cantamos todos xuntos unha canción para aprender as vogais aos máis cativos. Leo serviuse da globoflexia para sorprendernos a todos cunhas letras moi orixinais que os rapaces levaron para a casa ao rematar o conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario