martes, 25 de mayo de 2010

Obradoiro de regueifas na Biblioteca de Chapela

C


on Xosé Manuel Varela, filólogo e investigador etnográfico da comarca de Bergantiños, fixemos un obradoiro para aprender que eran as regueifas no mundo tradicional galego, quen as facía e como e cando se cantaban.

As regueifas son composicións tradicionais en verso pertencentes á literatura oral galega. Normalmente tomaban forma nun xeito de combates dialécticos, onde dúas ou máis persoas se retaban a facer coplas. A a axilidade mental, o dominio da linguaxe, a boa retranca, a valentía e, sobre todo, o enxeño, eran as virtudes que tiña que ter un bo regueifeiro.

Como convidado de honra tróuxonos ao regueifeiro máis vello de Galicia, Fermín, que nos fixo moitas coplas durante todo o coloquio.



Na segunda parte do obradoiro, aprendemos a facer nós as nosas propias coplas, que compuxemos e regueifamos todos xuntos.

A actividade realizouse grazas ao cofinanciamento entre o Concello de Redondela e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, dentro do programa Letras Vivas que ofrece esta última.

No hay comentarios: