jueves, 13 de mayo de 2010

Homenaxe a Uxío Novoneyra e actuación de Na Virada

E ste venres, 14 de maio de 2010, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura de
Redondela acollerá o acto de Homenaxe a
Uxío Novoneyra
, organizado
polas Concellarías de Normalización Lingüística e Servizos Sociais e Igualdade,
dirixidas por Ánxeles Babarro e Rosa Costas, respectivamente.
Este acto de homenaxe ao poeta courelán, ao que se lle dedica o día das Letras Galegas deste ano, inclúese dentro da programación das LETRAS 2010 da Concellaría de Normalización Lingüística, e constitúese no acto central para render unha merecida homenaxe a Uxío Novoneyra, que dignifique a súa figura e divulgue a súa obra. A celebración contará coa colaboración do alumnado dos cursos de alfabetización de persoas adultas e de poboación inmigrante, que fará unhas lecturas da biografía e de poemas do autor, que tamén serán traducidos as diferentes linguas de orixe do alumnado (árabe, francés, alemán, inglés e malaio).

A continuación haberá unha actuación musical a cargo do grupo Na Virada.
Esta agrupación musical xorde no ano 2001 como colectivo cultural ao redor do proxecto discográfico: "Rolada das Cantigas", de produción propia, e no que participan músicos, cantores, artistas plásticos, musicólogos, artesáns de instrumentos e xente vencellada ao asociacionismo cultural galego.

(Uxío Novoneyra-CEIP Igrexa-Chapela)

Concerto Xornadas do Ensino. Compostela-2009
MARÍA XOSÉ LÓPEZ: Voz, zanfona, cavaquinho, percusión.
XICO DE CARIÑO: Harmónicas, percusión.
HUMBERTO HEREDIA: Guitarra,voz

A música de NA VIRADA caracterízase por unha interesante variedade instrumental e rítmica, con base nun son acústico. O seu repertorio está constituído por tres eixos, que se corresponden cos seus principais intereses, tanto no artístico coma no cultural: a música creativa sobre textos de autores galegos con harmonizacións modernas, a música popular galega e a música luso-brasileira, popular e de autor.
No seu concerto en Redondela interpretarán dende temas do seu repertorio habitual como A Lugo ( X.Lois García-Xico de Cariño), Romance de Dona Ausenta (Cancioneiro Casto Sampedro) ou Lá vai uma (popular galego-luso-brasileira), ata a parte central da HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA, que incluirá unha descrición biográfica e valoración do home-poeta do Courel, recitados con acompañamento musical de guitarra e o tema No bicarelo, poema de Uxío Novoneyra musicado por Xico de Cariño-Na Virada.
Para facilitar a asistencia das nais e pais que teñan que asistir con nenos pequenos, durante o acto haberá unha coidadora que se encargará do seu coidado nunha sala a carón do lugar onde se celebrará o acto.

No hay comentarios: