martes, 18 de mayo de 2010

Os membros do club de lectura convírtense en piratas con "A escola dos piratas"

A divertida novela deste mes, escrita polo coñecidísimo autor galego Agustín Fernández Paz trata dunha fantástica historia na que, a causa dunhas fortísimas choivas, a escola dunha vila se desplaza do seu lugar e remata navegando río abaixo, cos seus alumnos e profesores convertidos en improvisados navegantes.



Os rapaces do club participaron en varios xogos relacionados co mundo dos piratas. Así:
- Repasaron as lendas e os personaxes máis importantes relacionados coa piratería na literatura.
- Aprenderon a fabricar espadas de piratas con globos.
- Respondendo a varias preguntas relacionadas co libro, foron quen de recoller probas que lles levaran xuntar as pezas dun mapa.
- Xuntando e ordenando as pezas do mapa foron quen de atopar o tesouro na biblioteca.

No hay comentarios: