lunes, 3 de mayo de 2010

Quen vive dentro dos libros da biblioteca?

Os rapaces de 1º, 2º e 3º do CEIP de Porto-Cabeiro coñeceron aos animais que viven dentro dos libros da Biblioteca Municipal.
A contacontos luguesa Fátima Fernández, con 13 anos de experiencia as súas costas, mesturou a narración oral cun obradoiro no que os nenos trasladaron ao papel o animal imaxinario que cada un deles pensaba podía vivir nos libros da biblioteca. Todos eses debuxos formarán un gran conto repleto de fantasía que, encadernado pola contacontos, quedará na Biblioteca a disposición de tódolos nenos e adultos. Fátima empregou con maestría o recurso da palabra e da expresión corporal.
Esta actividade se enmarca dentro do Programa de Letras Vivas .
Publicar un comentario