jueves, 27 de mayo de 2010

Reunión de Bibliotecas de Centros Públicos de Vigo e Bisbarra


Onte tivemos o inmenso pracer de compartir unha interesante xornada de traballo cos nosos compañeiros das bibliotecas escolares de Vigo e arredores. Foron unhas horas proveitosas e que, ademais, nos deron a posibilidade de coñecer a uns profesionais de altura, grandes traballadores, dedicados e ilusionados.
Moitas grazas a Antonio e Joaquín do IES Manuel Antonio que tiveron a xentileza de convidarnos, a Cristina e Pilar, asesoras das bibliotecas escolares e a Manuel do CEFORE de Vigo.
Grazas a todos pola vosa acollida!
Publicar un comentario