Maalouf (Beirut, 1949) iniciouse como xornalista de información política internacional no diario Al Nahar. En 1976, ante a guerra civil do Líbano, exiliuse en Francia e exerceu como redactor xefe do rotativo Jeune Afrique, para o que cubriu a guerra de Vietnam e a revolución de Irán, entre outros conflictos.
Actualmente considérase como unha das voces máis importantes da literatura árabe, e destaca pola atención que lle prestou á cultura mediterránea. Maalouf é autor de obras como León o africano, A viaxe de Baldasare ou Samarkanda, e está en posesión de numerosos premios, entre eles o Goncourt e o Maison de Presse.
Entre os seus últimos traballos figura El desajuste del mundo. Cuando nuestras civilizaciones se agotan un ensaio no que aboga pola universalidade dos valores e o respeto á diversidade das culturas. "Occidente perdeu unha parte importante da súa credibilidade moral, sobre todo a ollos da poboación do mundo árabe", afirmou daquela nunha entrevista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario