viernes, 18 de junio de 2010

O Nobel portugués José Saramago morre aos 87 anos

E


n Lanzarote, onde pasou os últimos 19 anos da súa vida, finou José Saramago despois dunha longa enfermidade.

O escritor, nado no distrito de Ribateixo no ano 1922 , tivo unha orixe moi humilde, ata o punto de que non pudo rematar os seus estudos na escola industrial por non poderllo custear a súa familia.

Despois de exercer os máis diversos oficios e de convertirse en administrativo da Seguridade Social, Saramago comeza a súa aventura como escritor. Terra de pecado (1947) foi a súa primeira novela, e Clarabóia (1948) que nunca publicou, a segunda. Por eses anos contrae o seu primeiro matrimonio e ten a súa primeira filla Violante.

Despois dun tempo sen escribir, retoma o seu oficio literario nos anos 60, publicando poemas, crítica literaria, crónicas, ata que en 1976 se dedica plenamente ao seu traballo literario.

Poucos anos despois irán chegando as súas grandes obras literarias. A novela Memorial do convento (1982) descrebe as condicións duras de vida dos humildes no mundo medieval. Ese mundo foi adaptado como ópera, co título de Birmunda, facéndose a súa estrea no teatro La Scala de Milán.

Foi tras a publicación de O Evangelho segundo Jesus Cristo (1991), e a polémica xerada pola negativa do seu goberno a que a presentase ao Premio Literario Europeo, ao considerar que ofendía aos católicos, que o autor, como xeito de protesta, decide trasladarse a Lanzarote, onde vivirá os seus derradeiros anos, coa súa segunda muller, Pilar del Río, e publicará obras tan aclamadas e recoñecidas como Ensaio sobre a cegueira (1995), A caverna (2000), A viagem do elefante (2008), ou Caín (2009), a súa derradeira publicación.

Tras un funeral laico con grandes honras no Concello de Lisboa, os restos de Saramago foron incinerados no cemiterio lisboeta de San Xoan.

No hay comentarios: