Nada....
Na última sesión do club de lectura antes do parón estival lemos a maravillosa novela que fixo de Carmen Laforet unha escritora imperecedeira.
Na xuntanza falamos da complexa e desventurada peripecia vital da autora, que desgrana parte da súa experiencia adolescente en Barcelona a través desta novela.
Natural de Barcelona, a autora trasládase coa súa familia a Canarias dende moi nena, regresando a ela no ano 1939, recién cumpridos os 18 anos, para iniciar alí a carreira de Filosofía e Letras.
A figura de Carmen Laforet se converteu nun misterio e case nunha revolución na historia da literatura española. Na deprimida España daqueles anos, que unha autora, sobre todo sendo muller e moi nova, acadara o Premio Nadal e un grande recoñecemento internacional, se considera un feito extraordinario. Como anécdota, podemos sinalar que Nada é a terceira obra literaria española con maior número de traducións a outras linguas.
De toda esa fama fuxiría a autora tempo despois, martirizada por numerosas etapas depresivas na súa vida, e unha inseguridade, que lle facían rexeitar constantemente os seus escritos, e expermientar un verdadeiro medo a publicalos.
Da novela destacamos o contraste entre os dous mundos: o da vida familiar da protagonista, Andrea: opresivo, cruel, desestruturado, desesperanzado, suxo, ruín, e o do mundo das amizades ao que escomezaba a abrirse, cheo de luz e esperanza, aínda que acollese tamén decepcións e sensabores, como os que da a vida.
Hai un profundo realismo na novela de Laforet, e unha inmediatez nas descricións, nas expresións dos personaxes, na súa evolución ao longo do texto. Vemos a Andrea facerse máis muller, máis madura ao longo do ano que vive en Barcelona, a pesares de que, nas súas palabras:

"Me marchaba ahora sin haber conocido nada de lo que confusamente esperaba: la vida en su plenitud, la alegría, el interés profundo, el amor. De la casa de la calle Aribau no me llevaba nada. Al menos, así creía yo entonces".
Por último, destacamos a estrutura circular da novela, que remata do mesmo xeito que empeza: coa partida de Andrea, un ano despois da súa chegada, e coa certeza de que, a pesares dos cambios e das traxedias sucedidas, a vida na casa da rúa Aribau non experimentaría mellora algunha.
Ao rematar a sesión, e como facemos sempre, a nosa coordenadora Alexia leunos dous álbumes infantiles que nos encantaron:
- Thierry Lenain e Olivier Tallec: Habría que... da editorial Kokinos.
- Patrick McDonell: ¿Nada? da editorial Serres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario