asociación barcelonesa Brigada 21, destinada á difusión da novela negra e criminal, ven de darlle unha nova alegría a o escritor vigués Domingo Villar. Deste xeito, entre os premios que outorgou o pasado xoves ás novelas publicadas en 2009, concedeulle o Premio á Mellor Novela en Castelán á segunda novela do escritor: A praia dos afogados.
Ambientada na cidade natal do seu autor, a obra foi moi ben recibida pola crítica e o público, facendo ao seu autor merecedor dun grande número de galardóns: Premio Losada Diéguez, Libro do Ano pola Federación de Libreiros de Galicia, Finalista do Premio Libro do Ano do Gremio de Libreiros de Madrid, Autor do ano 2009 pola revista Fervenzas literarias e Finalista do premio Novelpol.
Para os que non a desfrutástedes, lembrámosvos que a podedes atopar nas bibliotecas de Redondela. Para animarvos á súa lectura, aquí tedes un vídeo promocional onde o seu autor nos introduce na súa trama.
No hay comentarios:
Publicar un comentario