

e hai un protagonista estes días en todos os medios de comunicación é, sen dúbida, o
Polbo Paul. A ocorrencia do acuario de
Oberhausen deu moito para facer bromas, pero tamén encheu de ledicia aos nosos paisanos no pasado
Mundial de Fútbol de Sudáfrica que, seguindo as prediccións deste simpático cefalópodo, nos coronou como campións.
Pero antes de vivir nun acuario, o polbo Paul vivía no mar, e chamábano
Don Pol. Se queres saber algunha das súas historias, achégate o vindeiro mércores 21 á
Axencia de Lectura de Chapela, onde protagonizará un dos nosos contos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario