martes, 7 de septiembre de 2010

Adeus a Olga Gallego, bibliotecaria


A arquiveira e bibliotecaria ourensá Olga Gallego faleceu este sábado na súa cidade natal cando estaba a piques de cumprir 87 anos. A que foi a primeira muller en ingresar na Real Academia Galega (en 1985) e membro tamén da Real Academia da Historia até a súa xubilación, foi despedida por amigos e familiares no cemiterio municipal de San Francisco, logo dun acto litúrxico na igrexa de Santa Eufemia.

No hay comentarios: