A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) concedeu os IX Premios de Fomento da Lectura 2010 aos Medios de Comunicación. Os galardoados nesta edición foron a axencia de noticias EFE, na categoría de Prensa, o programa Páxina 2 da 2 na categoría de Televisión e o programa Pompas de papel de Radio Euskadi, na categoría de Radio. Tamén se concedeu o Premio Boixareu Ginesta ao Libreiro do Ano á Libraría Diego Marín de Murcia, e o Premio á mellor iniciativa ao Fomento da Lectura en bibliotecas abertas ao público á Biblioteca Municipal de Burgos.
Os galardóns entregaranse en Barcelona durante a celebración da 28 edición de Liber, a Feira Internacional do Libro, que terá lugar do 29 de setembro próximo ao 1 outubro.
Podedes consultar máis información nas notas de prensa da FGEE

No hay comentarios:
Publicar un comentario