O único que queda é o amor é un dos libros máis premiados e recoñecidos dos publicados en Galicia durante os últimos anos. Reeditado en cinco ocasións, con anterioridade á súa inclusión na Lista de Honra do IBBY recibiu o Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007, o Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007, o Premio Literario Frei Martín Sarmiento e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 .
A noite d'O Risón, de Gonzalo Moure é unha novela breve na que un grupo de mariñeiros atrapados polo temporal e varios personaxes misteriosos, comezan a contar historias sobre tormentas, naufraxios e mortos. Acollida con entusiasmo, enseguida destacou a calidade da tradución de Ignacio Chao. Sobresae de forma especial o seu magnífico traballo coa linguaxe popular mariñeira.
A Lista de Honra IBBY é unha selección bienal de libros de recente publicación pertencentes a todos os países membros de IBBY. O seu obxectivo é favorecer o entendemento internacional a través da literatura infantil e xuvenil.
Cada unha das Seccións Nacionais de IBBY nomean un libro en cada unha das tres categorías existentes: autores, ilustradores, tradutores. Aqueles países que contan con produción en máis dun idioma, poden elixir até tres libros nas categorías de Autores e Tradutores en cada idioma oficial.
Consulta aquí a lista de galardoados.
4 comentarios:
Celebramos ter connosco a tan ilustre bibliotecaria, ben rodeada dos mellores representantes da literatura galega dos nosos tempos ¡Que ben representas ás bibliotecas de Redondela!
Por favor un poco de sentido comun la representacion esta bien pero le falta algo de Glamur
Tampouco se trata de ir con boa de plumas e traxe de noite. A foto cos dous escritores para o blog da biblioteca está moi ben en todo caso ;-)
Vaya estilazo!!!!
Publicar un comentario