Mañá, 9 de setembro ás 13:00h inaugurarase na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela a exposición Blue Book Group. Unha mostra de 96 ilustradores procedentes de todo o mundo, que se dedican fundamentalmente á ilustración infantil.
Na exposición Blue Book Group figuran artistas de España, Estonia, Corea, Arxentina, Alemania, Hungría, Polonia, Eslovenia, Portugal, Irán, Australia, Bulgaria, Croacia, Estados Unidos, Grecia, Países Baixos, Reino Unido, Romanía, Rusia, Suecia, Suíza, Taiwan, Tunes e Turquía. A exposición dura todo o mes de setembro , formando parte da programación do Congreso Internacional do IBBY 2010.
O Blue Book Group é unha iniciativa dos irmáns Ali e Hassan Hamekan, ilustradores iranianos que tiveron a idea de formar un grupo e ir convidando a ilustradores destacados do mundo da literatura infantil. Óscar Villán e David Pintor son os socios da AGPI que participan no grupo, e que conseguiron traer esta mostra a Galicia.

Vía AGPI
No hay comentarios:
Publicar un comentario