escritora e actriz cubana Elba Torres Rondón, ademáis dunha extensa traxectoria na poesía, a escrita periodística e a dirección teatral, leva tempo investigando no fenómeno das migracións, colaborando co Grupo de Comunicación de Galicia en el Mundo.
A raíz desta tarefa investigadora, grazas á que leva publicados dous libros sobre biografías de mulleres galegas, xurde unha colaboración coa biblioteca, dado que no Multiusos de Chapela está aberta ao público a exposición Mulleres Galegas na Historia.
O vindeiro Martes 21 de Setembro, ás 20:00 h., teremos o gusto de escoitar e participar nunha charla-coloquio impartida pola autora. Ela nos falará sobre algunhas destas destacadas mulleres, e o seu devir vital na diáspora, pero tamén nos achegará ao coñecemento de outras mulleres galegas, que, alén das nosas fronteiras, sobresaíron en diferentes eidos da cultura, a ciencia ou as artes.
Convidámosvos a todos a participar nesta actividade, que agardamos será moi amena e interesante.
Colabora: Galería Campo das Redes
No hay comentarios:
Publicar un comentario