Case o pleno dos máis de 600 asistentes da 32.ª edición do congreso da Organización Internacional do Libro Infantil e Xuvenil participaron o 11 de setembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, na cerimonia de entrega dos premios Hans Christian Andersen, considerados como os premios Nobel da literatura infantil e xuvenil, que este ano recaeron no escritor británico David Almond e na ilustradora alemá Jutta Bauer.
De David Almond o xurado valorou a súa voz e escrituras únicas para crear unha atmosfera de realismo máxico e o modo en que o autor logra capturar a imaxinación dos seus mozos lectores motivándoos á lectura e o pensamento crítico. Ponderou ademais o uso sofisticado da linguaxe que chega a lectores de distintas idades.
No caso de Jutta Bauer recoñeceuse a unha narradora poderosa que mestura a vida real e a ficticia a través das súas ilustracións. O xurado mostrouse especialmente admirado polo seu enfoque filosófico, orixinal, creativo, así como da súa habilidade para comunicarse cos lectores
O acto, unha das citas máis esperadas da reunión, estivo cheo de cordialidade e recoñecemento hacia os dous creadores .
Como curiosidade dicir que estes galardóns teñen como patroa á raíña Margarita de Dinamarca
No hay comentarios:
Publicar un comentario