jueves, 16 de septiembre de 2010

Nova observación das estrelas en Chapela


Debido ao éxito que tivo a observación astronómica que fixemos o pasado ano, xunto coa Agrupación Astronómica Rías Baixas de Vigo, ofrecémosvos agora unha nova edición da proposta.

Este equipo de aventureiros namorados da astronomía teñen moitas gañas de volver traballar coas bibliotecas de Redondela, e nesta vindeira cita incorporarán a expertos como Ricardo Lago e Patricia Díaz, que nos darán a coñecer moitas cousas sobre estrelas, planetas e corpos celestes.

Será o Venres 1 de Outubro, ás 21:30 h.

- A primeira parte da actividade será unha charla-coloquio, no Edificio Multiusos, onde falarán sobre o firmamento, vos darán consellos sobre como observar as estrelas e poderedes facerlles preguntas.

- A segunda parte (condicionada a que o clima sexa o axeitado), será unha observación con telescopios no parque do Piñeiral do Crego. Nese día poderemos ver:
  • Venus (a primeiriña hora)
  • Xúpiter e os seus satelites
  • A Lúa (cos seus cráteres, mares, ...)
  • Algunhas Galaxias e Cúmulos
Agardamos ilusionados a ter tan bo tempo como o ano pasado, e que a actividade vos siga animando a todos a participar.
Publicar un comentario