Desde 1986 IBBY concede o Premio IBBY-Asahi, patrocinado pola empresa xornalística xaponesa Asahi Shimbun. Cada dous anos entrégase o premio a dous grupos ou institucións cuxo traballo represente unha contribución duradeira aos programas de promoción de lectura para nenos e novos.
Os candidatos son nomeados polas seccións nacionais de IBBY e poden incluír proxectos de calquera lugar do mundo. O premio consiste en 10.000 dólares e un diploma, que se entregan durante o congreso bienal da organización.

Este pasado 10 se setembro entregouse o devandito galardón no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, dentro do 32º Congreso Internacional do IBBY, á actividade da Osu Children's Library Fund of Ghana, unha entidade canadense que desenvolve proxectos de bibliotecas en Ghana, e ao Plan de Lectura de Medellín, Colombia, que se desenvolveu entre novembro de 2006 e marzo de 2008, por parte da Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra en colaboración coa alcaldía de Medellín.
É a primeira vez nos 20 anos do Premio Asahi que éste recae nunha organización española.
Outros candidatos ao Asahi 2010 eran proxectos internacionais de cooperación procedentes de Timor, Polonia, Estados Unidos, Xapón, Brasil, México, Colombia, Eslovenia, Cambodia, Australia, Canada e Kenia.

Nas fotografías a canadense Kathy Knowles creadora (a partir dunha cesta de libros no xardín da súa casa) e directora do proxecto de Ghana e o escritor español Jordi Sierra i Fabra; este último coa directora das nosas bibliotecas o día da entrega do premio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario