jueves, 7 de octubre de 2010

Mario Vargas Llosa gañou o Nobel de Literatura


Peter Englund, secretario da academia sueca, abriu a famosa porta de ouro e marfil e pronunciou o nome: Mario Vargas Llosa. Díxoo en varias linguas e rematou en castelán.

As razóns esgrimidas pola Academia para facelo merecedor de tal galardón amósanse contundentes: "Pola súa cartografía das estruturas do poder e as súas mordaces imaxes da resistencia individual, a revolta e a derrota".

O impacto
dun premio como o Nobel na obra dun autor como Vargas Llosa, o eterno candidato, é enorme. As vendas multiplicaranse durante semanas e se reimprimirán as súas obras, dado que alcanzará unha popularidade excepcional. .



Páxina Oficial dos Premios Nobel

No hay comentarios: