miércoles, 6 de octubre de 2010

Premio Nacional de Poesía


O poeta canario José María Millares Sall, falecido en 2009, foi galardoado hoxe co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía por a obra Cadernos (2000-2009). O premio concédeo o Ministerio de Cultura para distinguir unha obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante 2009. Está dotado con 20.000 euros.
José María Millares Sall (Vegueta, Las Palmas de Gran Canaria, 1921-2009) publicou en 1946 os seus primeiros poemarios. Fundou cos seus irmáns Manolo, pintor, e Agustín, poeta, a colección Planas de poesía (1948-1951). En anos sucesivos dedicouse á preparación de libros artesanais, que asinaba en ocasións co pseudónimo Juan Martín o Teimudo e colaborou co seu poemario Aire y humo noutro proxecto literario familiar, a revista Millares. Ademais compuxo letra e música de cancións como Campanas de Vegueta ou De belingo e expuxo a súa obra plástica nas Palmas, Tenerife e Madrid. Refundó Planas de poesía e publicou Ritmos alucinantes. A partir de Hago mía la luz (1977) as súas publicacións desencadéanse e é recoñecido co Premio Canarias de Literatura. Cadernos (2004-2009) e Esa luz que nos quema foron as súas últimas obras, publicadas despois do seu falecemento en setembro do 2009.


No hay comentarios: