martes, 14 de diciembre de 2010

Lecturas de andar por casa


Lecturas de andar por casa é unha canle informativa da Fundación Germán Sánchez Ruipérez dirixida ás familias, con suxestións de lectura para adultos, nenos e novos. O boletín componse dunha serie de seccións fixas a través das que se propoñen a lectura dun artigo e unha monografía relacionados coa promoción da lectura no fogar; invitan a visitar unha páxina web; recomendan seis obras de ficción para distintos tramos de idade; comentan tres obras para compartir en familia e presentan unha sinxela actividade para realizar cos fillos.

Último número

Na sección FAMILIAS da páxina web da Fundación podedes atopar os números anteriores e outros contidos de apoio ao labor de promover o gusto por ler na contorna familiar.

No hay comentarios: