martes, 14 de diciembre de 2010

Letra Pequeña


Letra Pequeña é unha canle informativa da Fundación Germán Sánchez Ruipérez dirixida aos Centros Infantís, con suxestións de lecturas profesionais e recomendacións de obras para nenos e nenas de 0 a 3 anos. O boletín componse dunha serie de seccións fixas a través das que se propón a lectura dun artigo e unha monografía relacionados coa promoción da lectura nas primeiras idades; preséntase unha páxina web e coméntanse seis obras de ficción adecuadas para os máis pequenos.
Na sección PARA ESCOLA E PROFESORADO da páxina web da Fundación podedes atopar os números anteriores e outros contidos de apoio para promover o gusto por ler.

No hay comentarios: