miércoles, 1 de diciembre de 2010

Visita dos rapaces do C.E.I.P. Alexandre Boveda de Chapela á exposición de Bernardo Seoane

Os alumnos e alumnas do C.E.I.P. Alexandre Bóveda de Chapela viñeron coñecer a Bernardo Seoane esta mañá e a visitar a súa exposición "Máquinas absurdas" que se pode ver no Multiusos de Chapela ata o día 15 de Decembro.

Bernardo amosoulles as súas máquinas: o Confesionario, que serve para contar os segredos, a súa orixinal máquina para dar abrazos, o Desintoxicador de móbiles, para liberarnos do esclavismo da tecnoloxía, ou o Termineitor..., unha das que máis gustaron aos rapaces. Tamén lles amosou como é o seu proceso de traballo, e como selecciona as pezas de chatarra e refugallo para convertelas en outras realidades moito máis fermosas.


Na biblioteca os rapaces completaron a visita cunha actividade proposta polas profesoras do seu centro: os alumnos deseñaron máquinas e instrumentos do máis orixinal que se poderían fabricar a partir de obxectos cotiáns. Tamén traballaron cos diccionarios, os ordenadores e os libros da biblioteca. Asimesmo, lles amosamos moitos documentos da biblioteca nos que poderán aprender máis sobre os inventores ou a reciclaxe, atopar inspiración para a construcción de pezas ou ver moitas ilustracións de orixinalísimas máquinas ou complexos aparellos.

Ver máis fotos no blog do centro.

No hay comentarios: