miércoles, 1 de diciembre de 2010

O Club de Lectura Xuvenil en Xapón...ou case!

Entretidísimo, curioso e moi, moi divertido, foi o relato que nos fixo Ana Merino da súa viaxe a Xapón para realizar o camino do Kumano Kodo, única ruta de peregrinaxe, xunto có Camiño de Santiago, declarada Patrimonio Espiritual da Humanidade por a Unesco, e moi descoñecida incluso para moitos xaponeses. A dureza do percorrido, a afabilidade e cortesía dos habitantes, a divertida tecnoloxía, os simpáticos escolares con vestimentas que nos recordaban a Sin-Chan, as comidas, o vestiario, os cómodos futóns,....En verdade o pasamos xenial! Moitas grazas, Ana!
Foi unha oportunidade única para coñecer, de primeira man, un país que non é doado visitar.
Se queredes saber máis cousas, podedes consultar o blog da viaxe aquí
Publicar un comentario