martes, 22 de febrero de 2011

A esencia se garda en frascos pequenos

A esencia se garda en frascos pequenos.
O café, como as boas cousas, curto e escaso.
O bo, se breve, dúas veces bo.

A biblioteca de Redondela faise grande para presentar o máis pequeno. No mes máis breve do ano achegámonos á literatura máis concentrada e convidamos a todos os nosos socios a mergullar entre contos e relatos curtos.
Menos páxinas poden significar máis calidade: neste xénero alcánzase cotas dunha intensidade, harmonía, beleza e ritmo que dificilmente se atopa na novela máis convencional.
¿Un par de exemplos inquietantes?
Aquela morta - Gómez de la Serna
Aquela morta díxome:
- ¿Non me coñeces?... Pois me debías coñecer... Bicaches o meu pelo na trenza postiza da outra.
Ameazas. - William Ospina
- Devorareite — dixo a pantera.
- Peor para ti — dixo a espada.
¿Unha suxestión? ¡A aplicarse ao conto!
Publicar un comentario