martes, 22 de febrero de 2011

O Camiño de Santiago, membro de honor da SGE

A Sociedad Geográfica Española (SGE) entregará os seus Premios Anuais, o próximo día 15 de marzo no Auditorio da Mutua Madrileña no Paseo da Castellana de Madrid, ás 19,00 h, coa asistencia de todos os premiados. A gala será presentada pola xornalista Ely del Valle.
Trátase da XIII edición consecutiva destes galardóns que premian o papel que desempeñan os viaxeiros, investigadores, empresas e institucións na ampliación e divulgación dos coñecementos xeográficos e o seu apoio a proxectos viaxeiros que serven á investigación, a ciencia, o xornalismo, a arte e a cultura.
Os premiados nesta edición son:
O astrónomo Frank Drake, a alpinista Edurne Pasabán, o fotógrafo Yann Arthus-Bertrand, o viaxeiro Juan Menéndez por su travesía del Lago Baikal, o prehistoriador Manuel Domínguez, e o aventureiro Jesús Calleja.
A SGE nombrará Miembro de Honor al Camino de Santiago. Recollerá o premio Alejandro Uli Ballaz, un dos peregrinos que percorreu máis veces o Camiño xacobeo.

Publicar un comentario