A versión en cómic de Miguelanxo Prado do famoso conto do compositor Prokofiev: Pedro e o lobo centrou as actividades do club de lectura que realizamos esta semana. O conto, coñecido por todos, trata sobre a mentira e as súas consecuencias. Unha das cousas que fixemos foi amosarlles algúns contos, novelas e álbumes da colección da biblioteca nos que a MENTIRA é a temática principal, lembrándolles aos rapaces que o Salon do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra deste ano está centrado tamén neste tema.Amosámoslles o perfil de Miguelanxo Prado como autor de cómics e como ilustrador de numerosos libros editados en Galicia, a través dunha selección de exemplares dispoñibles na biblioteca. Doutra banda, falámoslles tamén sobre o outro autor da historia, Prokofiev, centrándonos nalgúns aspectos da súa biografía e buscando nun Atlas algunhas das poboacións rusas polas que viaxou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario