martes, 22 de marzo de 2011

Contacontos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil en Chapela

O día 2 de Abril é unha data especial e moi querida para as bibliotecas públicas, de todo o mundo, dado que nela se conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, facendo así homenaxe ao grande autor de todos os tempos Hans Christian Andersen, que naceu nesa mesma data hai 206 anos.


Cartel do Día do Libro Infantil e Xuvenil, 2011

Con motivo da celebración, e dado que na Biblioteca de Chapela nos gustan os contacontos, o Venres 1 de Abril, ás 18:30 h. celebraremos esta data cunha sesión especial, onde a divertidísima Leo nos contará moitos contos.

No hay comentarios: