jueves, 24 de marzo de 2011

Nova Biblioteca en Vigo: benvida!!!!

Hoxe, ás 18:ooh., se inagura a Biblioteca Xosé Neira Vilas en Vigo.
O centro, situado no número 21 de Martínez Garrido, leva o nome do gran escritor galego , quen estará presente no acto inaugural. Na biblioteca, que contará cun catálogo de 9.000 volumes, non faltarán exemplares das súas "Memorias dun neno labrego". Ademais, haberá un área dedicada ao público infantil, con 2.250 libros.
A Biblioteca Xosé Neira Vilas, integrarase na rede de bibliotecas públicas da cidade e os seus fondos poderán consultarse por Internet e sacar libros e películas ou consultar os mesmos usando un único carné.
Horario
Luns: de 17.00 a 20.30 h.
Martes a venres: de 11.00 a 14.00 h. e 17.00 a 20.30 h.
Sábado: de 11.00 a 14.00 h.
Enderezo:
R/ Martínez Garrido, 21
36205, Vigo
Tlf. 986 267 609
bpneiravilas@vigo.org



No hay comentarios: