sábado, 26 de marzo de 2011

Hoxe cumpre 100 anos...Tennessee Williams

A obra do gran renovador do teatro estadounidense, Tennessee Williams, que cumpriría hoxe 100 anos, segue vixente coa continua representación nos escenarios de clásicos como Un tranvía llamado deseo e múltiples reedicións editoriais.
Williams, autor de decenas de obras de teatro e varios libros de relatos como La noche de la Iguana, sinalou en máis dunha ocasión que comezou a escribir porque atopaba "a vida insatisfactoria".
Nacido en 1911 no estado sureño de Misisipí, fillo dun representante de calzado e dunha cantante sureña, Thomas Lanier Williams estudou xornalismo na Universidade de Misouri. Durante a Gran Depresión traballou durante varios anos nunha fábrica de zapatos de Nova Orleans, o que influíu notablemente a súa escritura e marcou a súa carreira como gran retratista do sur dos Estados Unidos. Alí sufriu unha crise nerviosa que lle obrigou a deixar o traballo, e regresar á literatura mentres se dedicaba aos máis variados oficios no Village neoiorquino entre finais dos anos 30 e principios dos 40 do pasado século.
As súas obras caracterízanse por uns diálogos rápidos e punzantes, que retratan a decadencia, frustración e violencia reprimida da América profunda a través duns personaxes autodestructivos.
En moitos deles reflectíase a propia personalidade do escritor.
Entre os seus personaxes máis coñecidos sobresaen Stanley Kowalski e Blanche DuBois, protagonistas de Un tranvía llamado deseo, cuxa exitosa versión cinematográfica a cargo de Elia Kazan en 1951 converteu as interpretacións de Marlon Brando e Vivian Leigh en clásicos.
Con todo, os dramas de Williams, que se cambiou o nome en 1939 polo do estado natal do seu pai, Tennessee, non sempre foron ben recibidos, debido precisamente á dureza e naturalidade da súa escritura.

No hay comentarios: