domingo, 27 de marzo de 2011

Triste noticia...


Diana Wynne Jones, unha das mellores escritoras de literatura fantástica morreu onte aos 76 anos vítima dun cancro de pulmón contra o que levaba loitando desde o verán do 2009. Sen dúbida a súa obra máis coñecida é 'El castillo ambulante', publicada en 1986 e convertida en película de animación case 20 anos máis tarde da man de Hayao Miyazaki, nomeada ao Oscar a Mellor película de animación en 2005. Tras esta novela, publicou dúas secuelas máis: 'El castillo en el aire' en 1990 e ' La casa de los mil pasillos' no 2008. Cabe destacar tamén 'La guía completa de Fantasilandia' e 'Cristal embrujado'. Non abandonou a escritura a pesar do seu delicado estado de saúde, tanto é así, que deixou unha obra a medias e tiña intención de escribir outra, unha historia que se levou consigo para sempre.


Podedes atopar as súas obras na editorial Berenice e na editorial Nocturna


No hay comentarios: