viernes, 1 de abril de 2011

Contacontos polo Día do Libro Infantil na Biblioteca de Chapela

ABiblioteca de Chapela festexou cun contacontos a gran festa do Día do libro Infantil e Xuvenil.
Para unha data tan especial contamos hoxe cunha nova contadora, María José, que empregando diferentes técnicas e unha chea de recursos que só os contadores máxicos saben achegar aos cativos e cativas.


Figuras de animais para "A que cheiran os contos"



Instrumentos musicais para "O monstro na casa"

Un teatriño para "A elefanta"



E tamén lápices de cores, e os cantos e as palmas de todos e de todas para "Cocorico".

Foi unha sesión moi divertida na que adultos e nenos recordaron a Andersen e se achegaron á verdadeira maxia dos contos.

No hay comentarios: