a pasada sesión do club os rapaces e rapazas comentaron o libro Los inventores de cuentos, que a xenial contadora Ana García-Castellano, xunto cos autores Carles Cano, Xabier P. Docampo, Ernesto Rodríguez Abad e Estrella Ortiz, compuxeron para homenaxear aos narradores de contos e ensalzar o poder da imaxinación.
O libro, protagonizado por unha princesa que coleccionaba palabras e o seu bufón, que elaboraba contos con elas, gustounos moito a todos, aínda que houbo encontro de posturas acerca de "La casa", de Xabier P. Docampo, dado que o final da historia era moi intrigante.
Despois de discutir sobre o libro, cubrimos un encrucillado con verbas relacionadas cos 6 pequenos relatos que formaban parte da novela. A continuación, fixemos un revoltallo de palabras, e cada un de nós escollemos unha, a partir da cal teríamos que elaborar unha pequena narración. É así como saíron historias moi divertidas e orixinais: unha bruxa que facía bromas pesadas e que vivía cun moucho, unha rapaza que fixo un plan para facer que o seu pai se animase a ler, un rapaz que dubidaba se o seu soño era ser astronauta ou prefería ser bibliotecario para ver os planetas nos libros ou unha familia fantasma que se aparece nun túnel dunha carretera, ao máis puro estilo das lendas urbanas.
Entre estas historias e outras máis que os membros do club prometeron entregarnos, escolleremos a máis divertida na próxima sesión. Agardámosvos rapaces!

No hay comentarios:
Publicar un comentario