Foi Prémio Carvalho Calero de Investigación 2009 cun traballo dedicado a Alfredo Guisado, poeta e xornalista portugués de ascendencia galega, titulado "Trajectória de Alfredo Guisado e a sua relação com a Galiza (1910-1921)” e deleitounos a todos na presentación que fixo deste traballo na Casa da Cultura.
Tras unha introducción interesante e divertida por parte de Roberto Samartim que no ano 2002 gañou o Prémio Carvalho Calero de Investigación co traballo titulado A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557), Carlos Pazos sorprendeunos coa figura deste poeta portugués fillo de galegos, moi descoñecido polas nosas latitudes, que compartíu trazos literarios con Pessoa e outros destacados poetas do modernismo luso como Sá-Carneiro ou António Ferro.Hai que dicir que todos os presentes disfrutamos moitísimo deste encontro, que foi sustancioso, cordial, ameno e cercano.
Moitas grazas a Carlos e a Roberto por darnos a posibilidade de descubrir a Guisado,... e, grazas Carlos, por eses exemplares da túa obra que dedicaches a Biblioteca Municipal e a Axencia de lectura de Chapela
E grazas, por suposto, a todos os que compartistes este encontro con nós.

No hay comentarios:
Publicar un comentario