Dentro da programación da III Semana do libro, a festa das palabras, que organizan conxuntamente as Bibliotecas de Redondela e máis o Servizo de Normalización Lingüística, hoxe mércores, 20 de abril, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Redondela celebrarase unha conferencia para afondar no obxectivo desta celebración: estimular a actividade lectora da veciñanza redondelá, e promover diversidade cultural e lingüística do noso contorno máis próximo. No relatorio participarán dous profesores e investigadores redondeláns que representan a forza e utilidade da lingua galega para achegármonos á nosa lingua irmá, o portugués, e ao mesmo tempo ao resto das linguas da nosa contorna: Roberto Samartim e Carlos Pazos Justo.
Estes dous estudosos tiveron senllos recoñecementos polo seu traballo académico e pola súa contribución ao espallamento da lingua e cultura galegas, pois recibiron o Premio Carvalho Calero de Investigación, convocado polo Concello de Ferrol e a Sociedade Cultural Medulio, un dos premios de ensaio máis prestixiosos do noso país.
Roberto L. I. Samartim (Redondela, 1971) é licenciado en Filoloxía Galega e Portuguesa, e DEA en Estudos Clásicos e Medievais pola USC. Na actualidade é profesor na Universidade da Coruña. No ano 2002 gañou o Prémio Carvalho Calero de Investigación co traballo titulado A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557).
Pertence ao grupo de investigación GALABRA —de estudos dos sistemas culturais galego-lusobrasileiro e africanos de lingua portuguesa— con centro na USC, e centrou tamén neste eido a súa tese de doutoramento.
Carlos Pazos Justo (Redondela, 1975) é Licenciado en Filoloxía Galega e Portuguesa pola USC, Mestre en Teoría da Literatura e Literatura Portuguesa pola Universidade do Minho, e Máster de Experto en Cultura Española Contemporánea pola Universidad de Alcalá. Na actualidade é Docente da Área de Estudos Espanhóis e Hispano-Americanos do Departamento de Estudos Românicos da Universidade do Minho. Ademais é colaborador Externo do Grupo de Investigación GALABRA da USC e doutorando da Universidade do Minho.

Foi Prémio Carvalho Calero de Investigación 2009 cun traballo dedicado a Alfredo Guisado, poeta e xornalista portugués de ascendencia galega, titulado "Trajectória de Alfredo Guisado e a sua relação com a Galiza (1910-1921)”.
Con este relatorio preténdese pór un broche de ouro á exposición multilingüe que percorre os centros de ensino redondeláns e as alamedas do concello, coa finalidade última de divulgar tamén
o traballo de investigación de dous redondeláns senlleiros no campo da investigación cultural e lingüística do noso país.

No hay comentarios:
Publicar un comentario