lunes, 11 de abril de 2011

IV Premio Compostela de Álbum Ilustrado


A obra titulada El camino de Olaj, de Martín León-Barreto Johnson (Montevideo, 1973) resultou gañadora do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que convocan o Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e a editorial Kalandraka. Moisés Yagües Fernández (Murcia, 1972) co traballo titulado Al otro lado, foi finalista do certame, mentres que Quien querrías ser?, de Arianna Papini (Florencia, 1965) recibiu a mención especial do xurado.

El camino de Olaj é un álbum infantil cuxo argumento segue os esquemas da tradición oral. Segundo os membros do xurado, trátase de "unha viaxe iniciático a partir da acumulación de obxectos e animais que se nomean", e conta a historia dun personaxe que vive nunha casa grande, que se lle queda pequena ao ir sumando amigos que atopa ao longo do seu percorrido.

O IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado forma parte das actividades da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada polo departamento de Educación do Concello de Santiago e por Kalandraka.

No hay comentarios: